Que é isto?

Espazo en probas para testar as súas funcionalidades.

Unha vez dentro do noso sitio, Editamos desde a liña inferior, tanto a das distintas páxinas como a do panel da dereita. Neste, convén non borrar o acceso á administración do wiki (en todo caso, sempre o poderiamos atopar en URLdowiki/admin:manage) nin á edición do panel (recuperábel en URLdowiki/nav:side) e mais do menú superior (sempre URLdowiki/nav:top).
Os tags, presentábeis na barra lateral, engádense tamén desde a ligazón correspondente de tal liña, onde se atopan funcións como recuperación de versións anteriores, suba de arquivos (files1), cambio de nome da páxina (abrindo +options), etc.
O editor, un tanto peculiar, permitiranos tamén incluír notas a pé de páxina.
Na edición do menú superior poñemos, seguindo o modelo, o nome de cada páxina. Se a portada é a páxina inicial por defecto, escribimos entre os corchetes start | Portada
Na administración do wiki, onde atoparemos ligazón a un videotitorial, revisamos as súas características: datos básicos (General settings), estilo visual (Appearance > Themes; previsualizamos os dispoñíbeis en themes preview page), permisos de manexo, etc.
leaf.jpg

Unless otherwise stated, the content of this page is licensed under Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 License